Esgotadas as entradas para o festival Cantos na Maré
Por Redacción
Xa non quedan entradas para o Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré que se celebrará o próximo 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A web de venda anticipada de Ataquilla xa indica que se esgotaron as entradas para as máis de 700 butacas do auditorio.
Os protagonistas desta cita serán a cantante galega Guadi Galego, o guineano Manecas Costa, o angolano Paulo Flores, a portuguesa Celina dá Piedade, a brasileira Kátya Teixeira e, como artista invitado, Santiago Auserón.
Todos eles estarán acompañados por unha banda dirixida polo director musical Paulo Borges, coa presenza dunha das promotoras deste evento como directora artística, a cantante Uxía.