Doctor Queen, o espectáculo tributo á banda de Freddie Mercury, en febreiro en Pontevedra
Por Redacción
Tras os tributos a Michael Jackson e Elvis Presley, Pontevedra acollerá neste inicio de 2017 un terceiro espectáculo que lembrará os éxitos dunha das bandas máis coñecidas do rock: Queen.
O auditorio do Pazo da Cultura acollerá o sábado 18 de febreiro, a partir das dez da noite, a representación de Doctor Queen, o espectáculo de homenaxe a Freddie Mercury máis recoñecido en todo o mundo.
Tras 17 anos en xira, con máis de 800 funcións en 22 países, Doctor Queen chega a Pontevedra cunha nova proposta: sinfonías da raíña en español.
Co formato tradicional e unha posta en escena de primeira categoría, no espectáculo veremos vestimentas típicas e grandes cancións reinventadas á actualidade, revivindo a Freddie Mercury despois de 25 anos de ausencia.
A Mercury recréao o músico arxentino Jorge Busetto, que cobrou fama en todo o mundo grazas á incomparable imitación que realiza neste espectáculo.
As entradas, a partir de 18 euros, pódense adquirir en www.ataquilla.com.