Máis de 107.000 persoas visitaron en 2016 as instalacións do Museo de Pontevedra
Por Redacción
O Museo de Pontevedra contabilizou no ano 2016 o mellor dato en canto a afluencia de visitantes dos últimos anos, finalizando o exercicio cun total de 107.478 visitas. A maioría destes visitas atópanse relacionadas coa reapertura das Ruínas de San Domingos. Ao mesmo tempo, as exposicións temporais do Sexto Edificio do Museo experimentaron un incremento de visitas do 45,7% respecto de 2015, segundo os datos facilitados pola Deputación de Pontevedra.
48.123 persoas visitaron as mostras temporais, que viraron ao redor das grandes exposicións programadas para conmemorar o 'Ano Castelao': 'Castelao Artista' e 'Meu Pontevedra', que centraron a programación entre o 1 de abril e o 11 de setembro.
Xosé Leal, deputado de Cultura, afirma que en 2017, con motivo da celebración do 'Ano do Patrimonio', tentarase facer visible que o Museo alberga unha das coleccións máis completas para comprender a cultura galega a través de toda a súa historia, desde a arte castrexa ata os tempos actuais.
15.888 asistiron a actividades complementarias das exposicións e actos propios do Museo, incrementándose un 14,8% respecto de 2015, entre elas destacan as actividades programadas en relación a Castelao para público infantil como a actuación de Os Bolechas, a interpretación con monicreques de 'Os vellos non deben de namorarse', a cargo de Fantoches Baj e a celebración da Noite dos Museo a través da Escola Superior de Arte Dramática.
O mes de agosto liderou a lista de maior número de visitas, con máis de 30.500. Coincide esta circunstancia coa reapertura das Ruínas de San Domingos, que reabrían as súas portas o 3 de agosto.
O director do Museo, Carlos Valle, destaca que o ano foi coroado coa concesión do Premio da Cultura Galega no apartado de Patrimonio Cultural.
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra mira "cara ao futuro"
Por Redacción |
-
Luis Davila amosa a "retranca do país" na Deputación polo aniversario de Castelao
Por Redacción |
-
Un Consello Asesor de expertos do Museo será o encargado de decidir o nome do Sexto Edificio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Ano Castelao guiou a actividade cultural de 2016
Por Mónica Patxot & Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O Premio da Cultura Galega motiva o director do Museo a traballar con máis intensidade
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra, galardoado polo seu patrimonio cultural nos Premios da Cultura Galega 2016
Por Redacción |
-
Máis de 40.000 persoas visitaron o Museo durante este verán
Por Redacción |