López Cobos dirixe á Orquestra Sinfónica de Galicia en Pontevedra
Por Redacción
O prestixioso director de orquestra, Jesús López Cobos será o encargado de dirixir a Orquestra Sinfónica de Galicia que contará coa participación da violinista Alina Pinchas no concerto previsto para este xoves en Pontevedra.
Interpretarán obras de Gustav Mahler con Blumine, a Erich Wolfgang Korngold co seu concerto para violin e orquestra e a Goldmark con Rustic Wedding Symphony, op. 26.
Jesús López Cobos foi premio Príncipe de Asturias das Artes en 1981. Dirixiu a Orquestra de Berlín, á Scala de Milán, a Orquestra de París e ao Covent Garden. Dende 1981 ata 1991 foi director xeral de música da ÿpera de Berlín, ademais de director da Orquestra Nacional de España de 1984 a 1990 e responsable artístico da Orquestra Filharmónica de Cincinatti entre 1986 e 1994. En xullo de 2002 foi elixido director musical do Teatro Real de Madrid.
En febreiro de 2001, o Consello de Ministros acordou concederlle a Medalla de Ouro de Belas Artes que recibiu de mans do Rei.
Este concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia será o vindeiro 7 de marzo ás 20:30h. no Centro Social de Novacaixagalicia Banco en Pontevedra e inclúese na tempada de aboamentos de música clásica que a entidade financeira programou para a cidade.
As entradas pódense adquirir a través do despacho telefónico 902 504 500 ou na web de Servinova.
Concerto para violín e orquestra en D maior Op.77 de Brahms, interpretado pola Orquesta Sinfónica de Madrid dirixida por Jesús López Cobos.