'Cousas de Castelao', pecha o Ciclo de Outono teatral este domingo en Sanxenxo
Por Redacción
A obra de 'Cousas de Castelao', a cargo da compañía Os Quinquilláns, que se representará este domingo 11 ás 20.00 horas será o broche de ouro do Ciclo de Outono que desde o pasado 5 de novembro desenvólvese no Pazo Emilia Pardo Bazán. Máis de 500 persoas gozaron durante estas xornadas das representacións variadas a cargo de grupos afeccionados e tamén de profesionais.
Os Quinquilláns representa en 'Cousas de Castelao' a historia dunha servidora fiel da familia do ilustre galeguista, que coidou durante décadas á irmá máis nova de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Rianxo. Ela e un veciño despiden as cousas lembrando os contos que naceron ao redor destes obxectos a través de música, pintura e emocións.
A obra é para todos os públicos e a entrada terá un prezo de 4 euros. Ao remate da representación está previsto que os asistentes reciban un exemplar dunha das obras de Alfonso Rodríguez Castelao.