A aula de teatro do CIM pecha a programación do 25-N abarrotando o Teatro Principal
Por Redacción & Diego Torrado
Na loita contra a violencia machista todo esforzo é pouco, e cada acto suma, como o celebrado este domingo no Teatro Principal de Pontevedra.
Foi o último acto da programación do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Cun cheo absoluto no patio de butacas, a aula de teatro do Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra estreou con éxito dúas novas obras, Fin de mes e A verdade por diante.
O evento concluíu cos actores sumándose á campaña En negro contra a violencia ante a ovación dos asistentes.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Educar para cambiar a mirada sobre a violencia machista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Expresións artísticas que se converten en berros contra a violencia machista
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Os adolescentes ven na violencia e as condutas de risco unha característica da masculinidade
Por Marisa Ciordia |
-
Apoia a sociedade ás vítimas de acoso ou culpabilízaas?
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |