Budiño celebrará en Pontevedra o vixésimo aniversario do seu primeiro disco
Por Redacción
Paralaia, o primeiro disco de Xosé Manuel Budiño, cumpre vinte anos. No seu momento, foi un traballo revolucionario que transgrediu a industria musical galega ao amosar un punto de vista diferente ao folk tradicional. Agora, co gallo deste vixésimo aniversario, o gaiteiro galego celebrará o seu lanzamento en Pontevedra.
Será cun concerto que se celebrará no marco do Culturgal, o sábado 3 de decembro no Pazo da Cultura.
O motivo é a edición remasterizada do disco, pero nun formato especial de libro-disco ilustrado. A súa infancia, as lendas do monte Paralaia, o mar, os seus comezos... todo esto está reflectido nas ilustracións deste coidado traballo a cargo da ilustradora Ana Zon.
O libro-disco estará á venda e todas as librerías e grandes superficies a partir do 5 de decembro. De forma excepcional, dende o 2 ata o 4 de decembro, o libro-disco poderase mercar por adiantado no Culturgal.
O espectáculo completo consistirá nunha viaxe a través dos 20 anos de carreira de Budiño, facendo un especial fincapé nos temas do seu primeiro disco, que xa son un clásico na música galega.
Budiño estará acompañado no escenario por seis dos mellores músicos do panorama galego na actualidade (Isaac Palacín, batería e percusións; Sérgio Tannus, guitarra e viola caipira; Cibrán Seixo, violín; Fran Sanz, baixo e Antonio Rodríguez, trombón e bombardino).
Ademais, para esta especial ocasión, tamén contará cunha convidada de luxo: Mercedes Peón, que acompañará a Budiño neste percorrido pola súa traxectoria.
As entradas para o concerto están xa á venda en www.ataquilla.com cun prezo de 14 euros máis gastos de xestión.
Relacionadas:
-
O universo 'Paralaia' de Xosé Manuel Budiño revive no Culturgal
Por Cristina Saiz |
-
SondeSeu inaugura a banda sonora do Culturgal
Por Mónica Patxot |
-
Abre as portas o Culturgal, tres días co mellor da cultura galega no Recinto Feiral
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os protagonistas da cultura de Pontevedra, de Culturgal ás redes sociais
Por Redacción |
-
O Culturgal une a concellos de todas as cores políticas nas propostas patrimoniais da Deputación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Chega a novena edición de Culturgal, "manifestación do orgullo galego contemporáneo"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |