Nani Matos gaña o Festival de Curtas Armadiña coa súa curtametraxe "Lurna"
Por Redacción & Diego Torrado
Lurna, a última curtametraxe do director pontevedrés Nani Matos, segue coa súa xeira triunfal polos festivais reservados para este tipo de producións audiovisuais.
O último recoñecemento a esta peza, que conta a historia dunha inmigrante que soña cunha vida mellor, foi en Poio. O xurado do Festival de Curtas Armadiña concedeulle o gran premio do certame, a Áncora de Ouro.
O propio Nani Matos acudiu ao Casal de Ferreirós para recoller o premio, valorado en 500 euros.
A Áncora de Prata, o galardón de 250 euros concedido polo público asistente ao festival ao longo de toda a fin de semana, foi para a curtametraxe La noche de Todos los Santos, de Gustavo Vallecas. É a historia dunha serie de sucesos extraordinarios que provocan feitos históricos sen precedentes que convulsionan a España o día dos defuntos.
Ademais, o Premio de Memoria Histórica -Áncora Castelao- outorgóuselle á curtametraxe asturiana Al llau del pozu de Marino Franco, que narra a represión franquista na conca mineira de Asturias durante os anos 60.
En cada unha das xornadas do festival acudiron ao Casal de Ferreirós máis de 300 persoas para asistir ás diferentes proxeccións.
O festival pechouse coa gala de entrega de premios dirixida pola actriz pontevedresa Beatriz Campos.
Relacionadas:
-
Lurna tamén triunfa en Italia
Por Redacción |
-
O público e o xurado de SOS Racismo Madrid premian a curtametraxe pontevedresa 'Lurna'
Por Redacción |
-
'Lurna', a curtametraxe de Nani Matos, finalista nos Premios Mestre Mateo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Fin de semana de moito cinema no Curtas Armadiña de Poio
Por Redacción |
-
Presentan preto de 1.900 curtas para a segunda edición do festival Curtas Armadiña
Por Redacción |