Moncho Borrajo regresa a Pontevedra para amosar "cómo está España"
Por Redacción & Diego Torrado
Improvisación, tenrura e sarcasmo. Son só tres das calidades que fixeron de ¡Madre mía cómo está España! un dos espectáculos máis divertidos que veu a Pontevedra nos últimos meses. O seu protagonista, o cómico galego Moncho Borrajo.
Centos de persoas foron fieis á cita que, de forma periódica, trae á cidade do Lérez a Moncho Borrajo, sempre con gran éxito.
Con ¡Madre mía, cómo está España!, o cómico ourensán regresa ás súas orixes no mundo da comedia.
Así, Borrajo, que cumpre o próximo ano 45 anos no mundo do espectáculo, regresa á simplicidade e contundencia dos seus inicios.
Neste espectáculo o público pontevedrés puido reencontrarse co Moncho Borrajo improvisador, pallaso tenro, deslenguado, ácido, cariñoso, politicamente incorrecto e cantante. Todo un showman que demostrou por que, despois de todos estes anos, segue sendo unha referencia no panorama humorístico español.