A exposición do Centenario de Manuel Lueiro Rey chega a Ponte Caldelas
Por Redacción
A exposición fotobiográfica itinerante organizada co gaio do Centenario de Manuel Lueiro Rey, chega á Biblioteca Municipal de Ponte Caldelas onde estará dende o día 11 ata ao día 30 de novembro.
O acto de inauguración será este venres as 19.30 horas, coa intervención do pianista Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro na voz quen interpretarán poemas de Lueiro musicados por Cambas, que abrirán o acto, despois intervendrán, Ramón Nicolás, estudoso da obra de Lueiro e Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega e que fora amigo de Lueiro.
O peche o acto corre da conta de Eli Ríos, gañadora da segunda edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, de Fornelos de Montes, que recitará poemas propios e de Lueiro.
Por iniciativa de Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, vaise colocar unha placa en lembranza de Manuel Lueiro e Bóveda, así como de outros represaliados anónimos que pola súa loita a prol da xustiza e liberdades sociais, pasaron pola prisión de Ponte Caldelas, hoxe afortunadamente convertida en Biblioteca e nun centro de cultura e coñecemento.