Barro acolle a exposición Galicia-Cabo Verde
Por Redacción
A sala de exposicións do Concello de Barro acolle desde este luns a exposición Galicia-Cabo Verde, organizada polo Fondo Galego de Cooperación (rede que promove a cooperación internacional), ao o que o Concello está adherido.
Con obxectivos como a concienciación da veciñanza fronte as desigualdades sociais, esta exposición ilustra a viaxe que realizou por Cabo Verde o fotógrafo ferrolán Roberto Amado en outubro de 2013, no que durante un mes recorreu 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde.
"Galicia-Cabo Verde: unha irmandade" componse de 20 fotografías que representan viaxes da vida diaria das persoas, que no seu conxunto achegan ao espectador á realidade do país.
A exposición poderase visitar ata o 20 de novembro de luns a sábado en horario de 9:00 a 14:00 horas na sala de exposicións do Concello de Barro.