As Historias do mar centrarán as XV Xornadas Blanco Freijeiro en Marín
Por Redacción
As Xornadas Blanco Freijeiro que se celebran en Marín chegan á 15 edición dedicándose ás "Historias do mar" para abordar desde distintas perspectivas temas que o comercio marítimo nos tempos de Roma, os naufraxios que desde entón ata o presente son unha mostra do risco de navegación, as devocións mariñeiras na Época Moderna e a evolución da arquitectura naval desde o ´século XV ao XVIII.
Serán catro conferencias que se sucederán a partir do martes 22 de novembro no auditorio da Biblioteca Municipal "Vidal Pazos" de Marín. O luns 21 levará a cabo o acto de presentación e inauguración das xornadas. O domingo 27 celebrarase unha visita guiada como colofón a este programa, que contén as seguintes actividades.
Luns 21
20:30 h. Inauguración das xornadas a cargo das concelleiras María José De Pazo Allariz e Beatriz Rodríguez Gómez.
Martes 22 - "O comercio marítimo en Galicia antes, durante e despois de Roma"
20:00 h. Relator: Adolfo Fernández Fernández. Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Vigo.
Mércores 23 - " As devocións mariñeiras e outros gustos no espello da onomástica naval, séculos XVIII e XIX"
20:00 h. Relator: José Manuel Vázquez Lijó. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Xoves 24 - "Naufraxios na ría de Pontevedra, desde os romanos ao século XIX"
20:00 h. Relator: Ramón Patiño Gómez. Arqueólogo e historiador. Instituto de Estudos Vigueses.
Venres 25 - "A navegación oceánica, das pequenas naves aos grandes navíos"
20:00 h. Relator: José María Juan-García Augado. Doutor enxeñeiro naval pola Universidade Politécnica de Madrid.
21:15 h. Clausura e entrega de diplomas, a cargo da lcaldesa María Ramallo.
As xornadas concluirán cunha visita guiada á Casa dá Navegación e ao Museo da carabela Pinta, en Baiona.
A inscrición é gratuíta e pódese facer no Museo Municipal Manuel Torres ou a través do correo museo.torres@concellodemarin.es ou no teléfono 986.891.186