Nani Matos, mellor director galego no Curtas Film Fest por 'Lurna'
Por Redacción
Nani Matos continúa recibindo premios polo traballo realizado na súa curtametraxe 'Lurna'. Nesta ocasión, o director afincado en Pontevedra obtivo o premio ao mellor director galego na 44 edición do Curtas Film Fest, que se organiza en Vilagarcía de Arousa.
O festival que se desenvolveu desde o 24 de outubro e finalizará este martes 1 de novembro repartiu tamén estoutros galardóns:
- Premio ao mellor curto: TITAN (Álvaro González, España, 2015)
- Premio ao mellor curto galego: EINSTEIN ROSEN (Olga Osorio 2016)
- Premio ao mellor curto de animación: TALLER DE CORAZONES (León Fernández, Mexico, 2016)
- Premio ao mellor director: 17 ANOS JUNTOS Javier Fesser (España, 2016)
Nesta edición tamén se levaron a cabo as primeiras Xornadas do Cómic de Vilagarcía, que permitiron que algúns dos máis coñecidos artistas nacionais da novena arte se achegasen ata Vilagarcía. Ao mesmo tempo realizáronse exposicións, sesións de firmas, concursos de videoxogos e cosplay, xogos de rol, cartas e taboleiro.
Relacionadas:
-
Lurna tamén triunfa en Italia
Por Redacción |
-
O público e o xurado de SOS Racismo Madrid premian a curtametraxe pontevedresa 'Lurna'
Por Redacción |
-
'Lurna', a curtametraxe de Nani Matos, finalista nos Premios Mestre Mateo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A curtametraxe pontevedresa 'Lurna' acada o premio á Mellor Actriz en Hendaia
Por Redacción |
-
Alfombra vermella para Nani Matos e a súa 'Lurna'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Nani Matos estrea a curtametraxe 'Lurna' no Teatro Principal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |