O Concello renova a súa aposta pola Banda de Música de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Concertos contra o cambio climático, a ritmo de tango, acompañados de grupo de tanxedoras, homenaxes a Los Tamara, atrevéronse co rock, ata fixeron música a cañonazos á Banda de Música de Pontevedra séntalle moi ben cumprir anos. Con 109 primaveras enriba, a BMP está máis nova que nunca cunha media de idade en torno aos 30 anos.
Adrián Silva, presidente da Sociedade Musical de Pontevedra que xestiona a Banda de Música, asinou co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o convenio anual que axuda a financiar as actividades desta entidade. En total 161.000 euros. Dacordo co asinado, a agrupación musical ofrecerá dous concertos mensuais en Pontevedra e actuará tamén en distintas festas e actividades municipais.
Adrián Silva agradeceu a "aposta clara e firme" do Concello e destacou o gran cambio vivido na Banda durante os últimos anos en aras a unha profesionalización da calidade e de "converterse nun símbolo máis de prestixio desta cidade".
Cun público consolidado, Adrián Silva, destacou que se sinten moi ben acollidos non só na cidade senón que están rompendo fronteiras co interese, ata internacional que xerou a BMP.
Cada quince días ofrece un concerto diferente
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, admitiu estar "encantado por como está funcionando a Banda que nos enche de orgullo como pontevedreses, están traballando constantemente a interrelación coa cidadanía".
Unha das singularidades desta formación é que cada quince días ofrece un concerto diferente. Un ritmo frenético que mantén desde fai sete anos, nos que poucas veces repetiron partituras. "O reto é seguir innovando e que se recoñeza ou traballo profesional dous músicos", concluiu Adrián Silva.