O Coti máis íntimo chega a Pontevedra para actuar no Teatro Principal
Por Redacción
Cercanías y confidencias é o nome do proxecto máis íntimo do cantautor arxentino Coti. Con el, chega a Pontevedra. Será o encargado de abrir a programación de concertos do Pazo da Cultura para este outono. Actuará no Teatro Principal este venres 7 de outubro, a partir das nove da noite.
Nesta xira é a primeira vez que Coti enfróntase só aos temas que nos regalou ao longo da súa carreira co seu piano, as súas guitarras e o seu vello bandoneón. As súas cancións máis coñecidas e as máis queridas por el, xunto a cancións que compuxo para outro e algunha que outra sorpresa única e irrepetible.
O escenario queda convertido nun espazo acolledor, elegante e cálido onde Coti establece unha bonita conversación co público. Contará anécdotas da creación dalgunhas cancións, as súas inquietudes musicais e persoais ou os segredos que lle levan a crear letras, ritmos e melodías que fixeron que as súas cancións formen parte da nosa memoria musical.
Aínda quedan entradas á venda, que se poderán retirar a través do portal www.ataquilla.com ou ben na billeteira do Teatro Principal, unha hora antes do espectáculo, no caso de sobraren entradas.
A seguinte cita na programación de concertos da Concellaría de Cultura é a de Los Secretos, que será o vindeiro 4 de novembro no Pazo da Cultura.