Jero Romero: "Tiña ganas de volver a Galicia con banda. Gústame moito o que imos ofrecer aquí"
Por Alejandro Espiño
Hai un ano e medio, Jero Romero, o que fora cantante de The Sunday Drivers, estreábase en solitario. Facíao con Cabeza de león, un proxecto apoiado por centos de micromecenas a través de crowfunding. "Tiña 40 días para financialo e conseguiuse en trece horas", recorda o de Toledo. Un disco que, ata agora, non lle trouxo máis que alegrías. Non parou de dar concertos en todo este tempo e en todos eles, a resposta do público foi extraordinaria.
E iso que o cambio era arriscado. Non só por deixar atrás un dos grupos de referencia da escena independente española, senón porque ao facelo decidiu empezar a cantar en castelán. O concerto de Sala Karma (sábado 23 de febreiro, 22:30 horas) é o primeiro que ofrece en Pontevedra. "Tiña moitas ganas de volver a Galicia con banda. Hai unhas semanas estiven en Vigo e A Coruña, pero cun formato máis íntimo". E adianta que "en Pontevedra resarcireime, porque gústame moito máis o que imos ofrecer aquí".
Que é o que fai que este concerto sexa, pois, tan especial?
Será un concerto máxico. O disco que presentamos é acústico, pero ao vir cunha banda de cinco músicos haberá moita máis enerxía. As cancións serán recoñecibles pero cambian un pouco. Iso si, ao ter só un disco o set é algo curto, polo que facemos tamén algunha canción inédita, versións de cancións coñecidas... Será preto de hora e media.
Moitos críticos destacan a Cabeza de león como un dos mellores discos do ano pasado, como describirías este traballo?
ÿ completamente diferente aos anteriores discos con The Sunday Drivers. Entendo que haxa xente que vexa similitudes, pero non ten nada ver. Este é un traballo máis persoal en todo. As cancións son miñas, os arreglos son meus, a forma de facelo é a que eu elixín, ata o envoltorio foi a miña decisión. ÿ o máis persoal que fixen na miña vida. Quedei moi satisfeito co resultado porque é tal cal me apetecía facelo.
Pero en cambio sempre dis que este disco sería imposible sen Charlie Bautista (productor do disco e que acompaña a Jero na súa banda).
"Non me arrepentín en ningún momento de apuntarme ao crowfunding. Estou encantado coa liberdade que me deron"
Arríscome a dicir que non o tería feito sen el. Foi o que me animou a terminar as cancións. Colleume do peito e díxome "fai algo con isto". E logo insistiu en que nos xuntásemos coa banda e empezásemos a ensaiar. Estivo involucrado neste proxecto como eu nunca antes vira a ninguén. El e eu entendémonos á perfección, na música e fóra dela. No disco só sae o meu nome, pero o noso é un grupo de dous. ÿ a metade do proxecto.
Fuches un dos primeiros artistas que, en España, apostaron pola fórmula do crowfunding para financiar a edición do teu disco. Como recordas todo ese proceso?
Resultoume moi difícil tomar esa decisión porque entendía que era un risco, algo moi descoñecido para min. Pero era unha solución clara ao problema que tiña de financiamento. Agora, a touro pasado, alégrome de facelo. Non me arrepentín en ningún momento. O primeiro foi enviar o disco a casa a todos aqueles que nos apoiaron e logo xa veu todo rodado. Estou encantado coa liberdade que me deron.
E imaxínome que é apoio que recibiches dos teus fans é algo que non esquecerás xamais...
Foi alucinante e inesperado. ÿ todo un acto de fe pola súa banda porque non é fácil apostar por alguén que non sabes o que vai facer. Moita xente cre en ti e iso, non creas, supón unha responsabilidade engadida. Faite percibir a todos eles doutro xeito.
E ese agarimo séguelo notando na xira?
Nótoo moito máis. Non deixo de sorprenderme cada día e chégame moi dentro. Xa no primeiro concerto pareceume incrible ver como todo o mundo cantaba as cancións, desde o principio da actuación. ÿ alucinante. E vai en aumento aos poucos. Estou feliz. Superei con creces todas as miñas expectativas.
"A separación de The Sunday Drivers foi tráxica no momento, pero creo que tomamos a decisión máis honesta"
Moitos deles recordarante, sen dúbida, da etapa de The Sunday Drivers, que deixaches atrás hai dous anos. Por que tomaches a decisión de emprender a túa carreira en solitario?
Foi hai moito tempo e a memoria vaime fallando. Pero non foi un día en concreto que me levantase e dixese "ata aquí". Está moi manido o de comparalo cunha relación de parella, pero é que é así. Vaste desgastando día a día, as cousas vanse deteriorando, cambias e interésanche cousas diferentes... O paso do tempo foi difícil para un grupo como o noso, foi imposible que todos mantivésemos o mesmo ritmo e a mesma dirección. Pasounos algo moi natural. Polo menos, eu percíboo así. ÿ tráxico no momento, pero tomamos a decisión máis honesta.
Notas moito a diferenza?
Si, claro. Tes que pensar que agora estou só. Todo o que faciamos entre seis, de súpeto falo ti só. Ou entre dous, porque Charlie sempre está aí. Pero en todo caso, a última decisión é sempre miña e iso era novo para min. Custoume afacerme, pero foi unha decisión que tomei conscientemente e estou moi satisfeito dela.
E o paso de cantar en castelán e non en inglés como con The Sunday Drivers, foi tamén algo natural ou se debe a unha decisión meditada?
Foi máis lento. Eu xa escribía ás veces cancións en castelán, pero non pensando en The Sunday Drivers. Facíaas e gardábaas. Parecíame bastante natural. Era divertido, sacábame da rutina diaria do grupo. Non as gravaba sequera e moito menos pensaba nun disco. Iso chegou tempo máis tarde cando ensinei esas cancións a algunhas persoas, Charlie entre elas, e a idea de gravalas pareceu o máis natural. Pero non, non foi un cambio moi raro nin moi grande para min. Non foi en plan, vou sacar un disco e poñer esas cancións nel.
E ademais de seguir dando concertos, cales son os plans de futuro de Jero Romero?
"Estou xa compoñendo, sacando cancións aos poucos. Cando teña doce boas cancións empezarei a gravar de novo"
Estou xa compoñendo, sacando cancións aos poucos. E teño moitas ganas de empezar a ensaialas, pero por sorte estou moi ocupado e non teño tempo. Tocamos bastante, algo que é de agradecer. Os meus plans son seguir facendo cancións e cando teña doce boas empezarei a gravalo. Logo verei como fago para editalo (rise). Diríache que mediante o crowfunding de novo, pero véxoo moi lonxe. Sinceramente, non o sei.
O que está claro é que o panorama musical non axuda. Logo de tantos anos nesta industria, como ves a situación do sector?
Eu son moi pesimista e moi negativo. A música é un reflexo da sociedade. O país está mal e a música está igual de mal ou peor. Iso non quita para que haxa xente con ideas, con ganas e que se estea movendo ben. Iso sempre o houbo. Pero creo que hoxe en día, un grupo teno moi difícil para facerse un oco e vivir da música é case unha utopía. Eu non llo recomendaría a ninguén.