A película croata 'Piknik', gañadora da novena edición do FICBUEU
Por Redacción
O noveno Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu entregou este venres os seus premios despois dunha exitosa edición, pola que pasaron máis de 4.000 persoas desde o pasado 10 de setembro.
A película croata 'Piknik' fíxose co primeiro premio, a Ánfora de Ouro, na primeira edición que os galardóns tomaban esta peculiar forma. O alcalde, Félix Juncal, fixo entrega do premio dotado con 2.500 euros a Jure Pavlovic, director desta historia sobre o choque xeracional entre un pai e un fillo separados por un cárcere.
A Ánfora de Prata, dotada de 1.000 euros, foi para a cinta austriaca 'Esel' ('Burro'), do directo Rafael Haider, e foi entregada pola presidenta provincial, Carmela Silva.
Pola súa banda o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, anunciou o premio do público, que recaeu na comedia neozelandesa 'Madam Black'.
Ademais o xurado internacional, integrado polo cineasta portugués André Marques, a actriz brasileira Joana de Verona e o galego Xoan Escudero, decidiu outorgar unha mención especial á curtametraxe francesa 'Ennemis intérieurs', centrada no acusador interrogatorio sobre terrorismo a un inmigrante. É a segunda vez en nove anos que se outorga unha meción especial.
Completou o palmarés 'Eco', dirixida por Xacio Baño, como mellor curtametraxe galega, recibindo unha gratificación de 500 euros.
Durante a última xornada do festival cabe destacar tamén o encontro do actor Celso Bugallo, gañador dun Goya, co público.
Relacionadas:
-
O FICBUEU ampliará as seccións paralelas do festival no seu décimo aniversario
Por Redacción |
-
Usuarios de Juan XXIII e actores profesionais rodan unha curta para o FIC Bueu
Por Redacción |
-
Arrancan as proxeccións para maiores dos centros de día do FICBUEU
Por Redacción |
-
Máis de 2.000 persoas asisten ao FICBUEU nos primeiros catro días de Festival
Por Redacción |
-
Cinema galego para dar a benvida a un novo FICBUEU
Por Redacción |