'Arquitectura de sensacións', desde o martes 13 na sede de Afundación
Por Redacción
A sede pontevedresa de Afundación acollerá desde o vindeiro martes, día 13 de setembro, a exposición 'Arquitectura de sensacións', enmarcada dentro dos actos do décimo aniversario da rehabilitación do edificio.
Na mostra poderase profundar nas características do inmoble, o contexto no que se construíu desde a súa concepción orixinal en 1944 ata a rehabilitación definitiva en xullo do 2006, pasando polas remodelacións previas.
Trátase de achegar a transformación arquitectónica do edificio dunha maneira visual.
Estará aberta ao público de luns a venres no horario habitual de apertura do edificio (de 8:00 a 20:00 horas). Ademais, coincidindo coa presentación, o día 13, e tamén o 20 de setembro, está programada unha visita guiada ás 20:00 horas co arquitecto artífice da reforma, César Portela.
Outra das actividades previstas é a celebración, durante todo o curso escolar, dun taller de arquitectura dirixido a estudantes de primaria e ESO no Café Moderno Afundación.