O camiño de baldosas amarelas cara Oz pasa por Pontevedra
Por Redacción
El maravilloso mundo de Oz abrirá as súas portas ao público de Pontevedra. Será o domingo 17 de marzo no Centro Social Novacaixagalicia ás 17.00 horas. O libreto está baseado nunha adaptación libre de Mundiartistas de El Mago de Oz de L.F. Baum.
A historia é a de sempre, pero contada como nunca. Dorothy é unha nena que vive nunha pradera de Kansas, e vese transportada por un tornado ata o mundo de Oz. Mais o que ela máis desexa é volver a casa. Para conseguilo terá que dirixirse a Cidade Esmeralda para ver ao Mago de Oz, un misterioso home cos poderes necesarios para enviala de volta.
Polo camiño atopará a uns aliados moi especiais: un espantallo sen cerebro, un home de lata sen corazón, e un león cobarde. Con todo, a malvada Bruxa do Oeste fará o posible por arrebatarlle os zapatos de rubíes que a súa protectora, a Fada Glinda, regaloulle para poder chegar a salvo.
Aínda que nesta versión nada é o que parece. Humor, aventuras, maxia, sorpresas e música, coas mellores voces e un amplo repertorio de cancións, entre elas a versión do soado Detrás del arcoiris. A iso hai que engadir o excepcional traballo de maquillaxe e caracterización.
O prezo das entradas é de 14 e 16 euros.
Máis de 400.000 espectadores gozaron en toda España desta versión do clásico que cumpriu xa 70 anos.