Baobab Teatro recolle o premio ao mellor espectáculo infantil e familiar por "Luppo"
Por Redacción
Óscar Ferreira e Andrea Bayer, os fundadores de Baobab Teatro, acaban de chegar da XIX Edición da Feira de teatro de Castilla e León de recoller o premio que lles foi concedido na edición anterior polo seu espectáculo “Luppo”, premio ao mellor espectáculo infantil e familiar.
O premio foi concedido pola Asociación de Amigos del Teatro de Ciudad Rodrigo, entidade organizadora da feira. O premio acadado por Baobab é o máximo galardón na súa categoría e un dos de maior recoñecemento e prestixio a nivel nacional. O certame entregou ademais outros dous galardóns: Mellor espectáculo de sala e Mellor espectáculo de rúa, concedidos ás compañías extremeñas: Teatro del Noctámbulo e Albadulake, respectivamente.
A celebración da entrega de premios estivo cargada de emocións e de moito público.
FERIA DE TEATRO DE CASTILLA Y LEÓN
A Feira de Teatro de Castilla y León leva celebrándose 19 anos e hoxe en día é un dos escaparates profesionais máis importantes de España e do resto de Europa na difusión das artes escénicas. O certame celebrouse entre o 25 e o 29 de agosto en Ciudad Rodrigo.
Na Feira de Castilla y León poideron verse todo tipo de propostas e formatos para público adulto e infantil, coa calidade que garante sempre a excelente selección da organización do festival. A todo isto contribúe o enriquecemento do público asistente, unha audiencia entendida, respetuosa, crítica e rigurosa.
Relacionadas:
-
RADIO.- Baobab estreará o espectáculo "Pumpún, unha historia para cambiar o mundo" no Salón do Libro
Por Marisa Ciordia |
-
Máis de 6.000 espectadores confirman o apoio dos pontevedreses a Domingos do Principal
Por Redacción |
-
'Luppo', de Baobab Teatro, clausura unha exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Exitazo do festival Núbebes
Por Diego Torrado |