A princesa Letizia Ortiz entrega o Premio Nacional de Cultura a Kalandraka
Por Redacción
O Premio nacional de Cultura á Editorial Kalandraka chegou de mans da princesa Letizia Ortiz. O director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, recibiu o diploma no acto institucional celebrado esta mañá do martes 19 no Palacio de El Pardo a través da Princesa de Asturias que estaba acompañada polo seu home, o príncipe Felipe de Borbón e polo ministro de Cultura e Educación, José Ignacio Wert.
O diploma acredita á empresa situada na urbanización de Monte Porreiro como gañadora do Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012.
Este premio é concedido á editorial pontevedresa polo "compromiso coa literatura infantil, destacando o cuidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía". ÿ a primeira vez que unha editorial especializada en Literatura Infantil e Xuvenil recibe este recoñecemento debido á proxección que ten tanto en España como no estranxeiro.
Ademais do director de Kalandraka, tamén asistiron ao evento David Lacal, director comercial de Kalandraka, a delegada da editorial en Madrid, Belén Sáez e a responsable de comunicación, Paz Castro.