Abre a inscrición para o obradoiro sobre a realización de curtametraxes do FICBUEU
Por Redacción
Xa se atopa aberto o prazo de inscrición no obradoiro cinematográfico que o realizador David Hernández impartirá dentro do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu entre o 2 e o 14 de setembro.
Oito mozos de entre 14 e 18 anos gravarán a súa propia curtametraxe conxunta, que será proxectado o día 18 no Centro Social do Mar, na xornada final do Festival FICBUEU, dedicada aos traballos dos centros educativos.
As clases serán gratuítas no IES Johan Carballeira en horario matinal e as prazas cubriranse tendo en conta, entre outros factores, a orde de inscrición a través do formulario dispoñible en www.ficbueu.com/actividades/obradoiro-de-%20curtametraxe/. O curso iniciarase cunha introdución á narrativa audiovisual, para despois abordar diferentes fases da realización: guión, produción, rodaxe e montaxe.
Repartiranse as distintas funcións nunha rodaxe, desde a dirección ao cámara pasando polo sonidista, ao mesmo tempo que se encargarán da preprodución.
O monitor David Hernández conta con máis de vinte anos de experiencia no terreo audiovisual e nestes momentos traballa na produción da súa primeira longametraxe como director, que levará por título 'A néboa'.
Relacionadas:
-
Ademais de cine, o FICBUEU ofrece rutas de sendeirismo, de navegación e gastronómicas
Por Redacción |
-
As entradas para o FICBUEU sairán á venda este luns 29
Por Redacción |
-
O voluntariado ten unha cita co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Por Redacción |
-
O FICBUEU achega o cinema en sala ás novas xeracións
Por Redacción |
-
O FICBUEU amplía as proxeccións a máis de 60 filmes
Por Redacción |