O voluntariado ten unha cita co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Por Redacción
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu conta cunha importante novidade este ano a través dun programa de voluntariado dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que desexen colaborar coa organización e desenvolvemento deste evento cultural, que se vai a celebrar entre o 10 e o 18 de setembro.
As persoas voluntarias terán a oportunidade de cooperar cun equipo profesional e desta forma, coñecer o evento desde dentro. As opcións de participación pasan desde apoiar en cuestións loxísticas ou intervir en tarefas técnicas como proxeccións ou realización de fotografías e vídeos.
Tamén poden formar parte deste programa no apartado de tradución e interpretación dos invitados que proceden de países de fóra da península. Trátase dunha oportunidade única para manter contacto directo con cineastas internacionais que participarán nesta novena edición. Os participantes contarán cunha supervisión continua, estarán asegurados e recibirán un certificado final.
A recepción de solicitudes para formar parte do equipo de voluntariado do FICBUEU 2016 estará aberta ata o 24 de agosto e pode formalizarse a través do formulario dispoñible na web deste festival. As dúbidas poden consultarse a través do correo info@ficbueu.com.
Relacionadas:
-
As entradas para o FICBUEU sairán á venda este luns 29
Por Redacción |
-
Abre a inscrición para o obradoiro sobre a realización de curtametraxes do FICBUEU
Por Redacción |
-
Unha actriz brasileira, un director portugués e un realizador galego, xurado do FicBueu 2016
Por Redacción |
-
O FICBUEU achega o cinema en sala ás novas xeracións
Por Redacción |
-
O FICBUEU amplía as proxeccións a máis de 60 filmes
Por Redacción |