A contar "contos nas orellas" na Biblioteca Pública
Por Redacción
O venres 22 ás seis da tarde, a Biblioteca Pública Antonio Odriozola acolle unha sesión de contacontos a cargo da pontevedresa Beatriz Campos, integrante do Grupo Migallas Teatro. Dentro do ciclo Contos nas orellas, a moza contadora ofrecerá historias que baixo o título Que risa tía Luisa narran as aventuras de nenos pillabáns, señores resabidos e lobos desdentados. Trabalinguas, cancións e ditos axudan a espertar a imaxinación dos máis pequenos que se divertirán con estes relatos.
A sesión dura cincuenta minutos e o aforo está limitado a cincuenta nenos. A entrada é libre.