Kalandraka, Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial
Por Redacción
A editorial pontevedresa Kalandraka obtivo o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural correspondente ao ano 2012 por "su compromiso con la literatura infantil".
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, promotor do galardón, destaca "el cuidado de los textos, la calidad de la ilustración y la dedicación a géneros más complejos, como la poesía" da firma galega e alaba que se teña convertido nun "referente en España y en el extranjero".
Este galardón ten por obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destaque pola súa achega sobresaliente e innovadora á vida cultural española durante 2011.
Ten carácter honorífico e, por elo, sen dotación económica.