Fotografías e maquetas para lembrar en Combarro o afundimento do trasatlántico Santa Isabel
Por Redacción
Combarro, en un local situado en Almirante Regalado, acolle a mostra 'O afundimento do transatlántico Santa Isabel, o Titanic das costas españolas'. Trátase dunha exposición que recolle 186 fotografías, maquetas, material do buque, documentos do sumario, óleos e unha reportaxe que se proxecta de forma ontinuada sobre a traxedia deste buque
Entre os viaxeiros e tripulantes atopábase un veciño de Combarro, ao que se lle dedica un panel especial dentro desta mostra.
A exposición, que conta co apoio da concellería de Cultura do Concello de Poio, pódese visitar ata o 17 de xullo en horario de mañá e de tarde, desde as 12.00 ás 14.00 horas e desde as 17.00 ata as 21.00 horas.