Gonzalo Arca achegará a súa xira #SummerTour a Cambados, Pontevedra e O Grove
Por Redacción
O músico arousán Gonzalo Arca inicia a súa xira por Galicia na que presentará 'Alone At The Crossroad', o seu último traballo discográfico. Coa súa guitarra e a súa voz tamén ofrecerá ás súas seguidores versións de clásicos do rock nunha xira por espazos íntimos e con estilo estival.
O artista quere conectar co seu público nestes concertos e ofrecer a súa música dunha forma diferente. O seu primeiro recital dentro desta xira que leva por título #SummerTour vai desenvolverse este venres en Ourense.
Nas Rías Baixas ofrecerá estes concertos, o 8 de xullo na Praza de Alfredo Brañas en Cambados, o 15 do mesmo mes subirase ao escenario do Pequeño Karma en Pontevedra e o 13 de agosto, o músico trasladárase a La Mamounia no Grove.