A viaxe de Allikay, unha exposición para comprender que a saúde é un dereito
Por Redacción
Coa intención de concienciar sobre a importancia da saúde, Pontevedra acollerá unha exposición promovida pola Cruz Vermella sobre os factores sociais, políticos, económicos, ambientais e culturais que exercen gran influenza no estado de saúde das persoas e na súa calidade de vida. Segundo se ofrece nesta mostra, os niveis de pobreza e exclusión, o desemprego, a educación, o acceso a alimentos, auga potable, vivenda e discriminación son compoñentes que determinan a saúde individual.
Esta iniciativa tenta concienciar as súas visitantes de que a mala saúde non afecta unicamente aos máis desfavorecidos. A esperanza de vida dun neno difire enormemente en función de onde teña nacido. En Xapón, Suecia ou España, a esperanza de vida sitúase en máis de 80 anos; en Brasil 72; na India 63, e en algún país africano menos de 50 anos. Tamén é importante o dato de que o 93% da carga de enfermidade dase nos países en desenvolvemento, que consumen só o 11% do gasto mundial en saúde.
Cruz Roja Española en Pontevedra presenta a exposición itinerante El viaje de Allikay. Comprendiendo que la salud es un derecho. Estará en Pontevedra a partir do próximo día 14 de febreiro e ata o 28 nas instalacións dos Centros de Educación Secundaria de Cotobade, Xunqueira II e na Casa das Campás, onde poderá ser visitada polo público en xeral.