O Museo de Pontevedra convértese nun espazo de proxección de curtas con Ficciónate
Por Redacción
O venres 10 de xuño ás 19.00 horas no Salón de Actos do Museo de Pontevedra terá lugar o terceiro pase, tras as proxeccións na Illa de Arousa e Negreira, do primeiro ciclo de cinema galego 'Ficciónate'. Neste evento estarán presentes, o organizador e promotor Andrés Rozados que ao mesmo tempo é o director de produción de Fálame do silencio.
Ademais o director e guionista Lois Branco asistirá á proxección de 'Fálame do silencio' mentres que o cámara e encargado de postproducción Jorque Fenda e o director e o guionista Óscar Cruz de 'El Comediante'; Nacho Caballero e Luís Avilés, produtor e director de 'Unary' xunto a Miguel Morais e Miguel Díaz, director e director de produción, 'Rancor'.
Todos os curtos emítense no Sexto Edificio do Museo. A entrada é libre.