Francisco Lozano publica 'A tiro hecho', a súa primeira novela
Por Anxo Lourido
Francisco Lozano Rodríguez naceu en Zamora, pero aos 30 anos instalouse en Pontevedra e desde entón realizou a súa vida na cidade do Lérez. Desde a súa xubilación, no ano 2005, dedicou o seu tempo á súa principal paixón, a escritura. Comezou con relatos e, cun deles, logrou o primeiro premio de relatos curtos 2009 convocado pola asociación cultural El Encierro de San Sebastián de los Reyes. Agora, este autor publica a súa primeira novela, que leva por título 'A tiro hecho'.
Nesta novela sitúase a acción no ano 2013 en plena efervescencia da crise, co desemprego, a estafa e a corrupción como protagonistas do día a día. O personaxe principal de 'A tiro hecho', Venero, viaxa pola xeografía española pernoitando en varios ciudads como Valencia, Madrid, Santiago de Compostela ou Sevilla.
O protagonista coñece a Manuela, unha inspectora de policía que se converte nunha persoa fundamental na vida de Venero, que sofre diferentes situacións complicadas. Ambos se enfrascan no esclarecemento dunha trama na que tentan defenestrar ao President Mas.
O libro está publicado polas editorial 'Letras de autor' e o escritor ten previsto presentalo publicamente nas próximas semanas nunha librería da cidade.