A tradición da Aña Urbana tomará as prazas da cidade este sábado 23 de abril
Por Redacción
A Praza de España, diante do antigo concello, converterase o próximo sábado 23 de abril nun campo de encontro e de festa. Todo este ámbito da cidade acollerá a sexta edición da Aña Urbana, evento de música e baile tradicional que organiza a asociación cultural Trepia.
Será un serán sen fin que comezará ás once da mañá coa apertura da carpa onde se desenvolverán todas as actividades.
Un roteiro que levará a música e a festa a distintas prazas da cidade -acompañados por diferentes agrupacións convidadas-, un xantar popular, obradoiros de toques de leghón e baile ou unha feira de oficios e artesanía (con libraría, postos de coiro ou de instrumentos tradicionais) serán algunhas das propostas para esta edición.
Nesta ocasión, a Aña Urbana estará arroupada por actividades previas que terán como escenario a Casa da Luz. Alí o xoves 21 de abril, ás 20.30 horas, haberá unha conferencia de Guillermo Ignacio quen achegará ao público os resultados das investigacións máis recentes arredor do ritual da aña, un evento tradicionalmente vinculado co campo.
Ademais dende o día 22 ao 26 de abril a Casa da Luz acollerá a exposición Vontade da asociación cultural Trepia na que terán cabida traxes, ferramentas ou espectáculos deste colectivo.