Dous 'roedores' soltos no Pazo educan os nenos en igualdade e amizade
Por Redacción
Un hámster e unha rata foron os grandes protagonistas do espectáculo que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil ofreceu este domingo aos centos de nenos que se achegaron ao Pazo da Cultura. Chegaban da man da compañía Redrum Teatro que puxo en escena a súa última montaxe, Roedores.
Roedores é un espectáculo familiar con música en directo, especialmente deseñado para menores a partir de 5 anos.
O argumento trataba de concienciar en valores de fomento da igualdade e a amizade a través das aventuras dos seus protagonistas, o hámster Peludiño e a rata Munda, encarnados polos actores Guillermo Carbajo e Laura Míguez.
A obra conta a historia de Peludiño, un hámster que se escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade, que coincide con Munda, unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Ambos se terán que enfrontar a un inimigo, o temido Gato.
Roedores representarase tamén este luns 18 de abril en dúas sesións concertadas para escolares pontevedreses.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro entra na súa recta final tendo recibido xa 24.000 visitas
Por Redacción |
-
'Sons Miúdos' presume de música infantil en galego no marco do Salón do Libro
Por Redacción |
-
Música, contos e ilustracións mestúranse no espectáculo "A sinfonía das fábulas"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Os 'Roedores' rillan no Salón do Libro cunha obra teatral que promove o valor da amizade
Por Redacción |