Luis Iglesia: "Carmelo Matalobos foi un dos meirandes agasallos que me fixeron na miña vida"
Por Alejandro Espiño
A Luis Iglesia (Riotorto, 1962) ségueno parando pola rúa e preguntándolle por Carmelo Matalobos. Non é para menos. ÿ, sen dúbida, o "narcotraficante" máis querido de Galicia. Pasou cinco anos dando vida a esta personaxe. Como el mesmo recoñece "un dos meirandes agasallos que me fixeron na miña vida". Pero a súa carreira empezou moito antes. Vímolo sobre todo no cine e na televisión e gozamos del na súa faceta de actor de dobraxe.
Agora tras Matalobos e outros traballos na pequena pantalla como Piratas ou La Fuga, triunfa no teatro. Faino con Gaivotas subterráneas, unha obra dirixida por Artur Trillo e na que comparte escena cun dos seus compañeiros en Matalobos, o actor Xabier Deive. Dan vida a dous vellos amigos da infancia que, tras reencontrarse, xúntanse nunha casa abandonada no medio do monte. Alí empezarán os reproches e os rancores.
Así visto, o argumento de Gaivotas subterráneas é moi aberto. Que é o que veremos nela?
Pois non podo adiantar moito porque é un thriller psicolóxico e o que pasa habitualmente con este xénero é que se desvelamos o asunto xa non ten graza. ÿ unha peza que, unha das cousas boas que ten e estamos descubrindo, é que é un texto de hai trinta anos que, como fala de determinadas cuestións económicas, morais ou éticas, está moitísimo máis presente hoxe en día. Ten unha dimensión distinta á que tiña hai dez ou vinte anos. ÿ unha historia que fala da amizade, dos sentimentos ocultos, do rancor... pero tamén fala dos perdedores, de como se pode ser "guay" perdendo.
Nela interpreta a Mario, unha personaxe peculiar, non si?
Mario é un tipo raro. Pero iso ten que ver tamén con como percibes á xente do teu entorno. Ás veces non entrarías ou falarías con alguén por como fala, por como mira, ou por como viste e logo vas descubrindo capas de cebola e descobres un mundo interior incrible, que é o que lle pasa, creo eu, a Mario. Mentres que Nino (ao que interpreta o actor Xabier Deive) é un vendedor nato, un tipo de xesto aberto, un tipo cordial, este é a antítese.
Todo o contrario a vostede polo que temos entendido, como preparou pois esta personaxe?
Foi un proceso moi lento, pero moi placenteiro. Como Mario ten unha pequena eiva, tiven que preparar ben como traballa, como fala, como se move, como mira, en resumo, como interpretalo, tendo en conta que eu son unha persoa de trato moi aberto e teño que facer todo o contrario, un tipo raro e de trato difícil.
Foi un proceso de investigación no que estiven moi axudado por Xabier e por Artur (refírese a Artur Trillo, o director da obra). Traballar con eles é moi fácil. Permitíronme a liberdade de facer o que me petaba e logo ían recollendo esas aportacións. Fixen o que me petaba e cando faltaban quince días dixéronme: "para xa, que non chegamos á estrea". Paseino francamente ben, a nivel persoal e profesional, e aprendín moito nos ensaios.
Chega a esta obra teatro coincidindo case no tempo co final de Matalobos. Foi doado desprenderse dunha personaxe tan carismática?
"Carmelo Matalobos era unha personaxe moi potente. Costoume decirlle adeus porque disfruiteino moitísimo"
Ao final, unha serie como Matalobos eran dous ou tres meses ao ano, non era tanto tempo. Está mais no ideario colectivo porque leva cinco anos emitíndose. Pero para nós, incluso a nivel laboral non hai moitas cotizacións na Seguridade Social por Matalobos. Pero si, para min foi un dos meirandes agasallos que me fixeron na miña vida. Era unha personaxe moi potente. Costoume decirlle adeus porque disfruiteino moitísimo.
Canto de Luis Iglesia había en Carmelo Matalobos?
Moito, menos na súa actividade empresarial... (rí). E iso é así porque todas as aportacións que ía facendo, os guionistas collíanas e as facíanas súas. O humor de Carmelo, sobre todo. Era un traballo de todos. A personaxe é túa, pero sempre aprendes algo da xente. Por exemplo, eu cheguei na primeira temporada e dixen: "apeteceríame que Carmelo vestise diferente na rúa que na casa".
ÿ un tipo que sabe que o negocio sucio é fora da casa e que o traxe é para os negocios, pero cando chega a casa pegase unha ducha e ponse unha camiseta raída e vaqueiros. Comenteillo ao equipo e ao día seguinte chegaron cunha proposta que era infinitamente mellor ca que eu tiña. Pero seguramente non se tería producido se eu non chego con esa idea. Eu creo moito neses procesos de sinerxía. ÿ un toma e daca constante e eu tiven a sorte de traballar sempre con xente moi xenerosa, moi profesional e moi traballadora.
E falando de Matalobos, a pregunta é obrigada: onde residía o segredo do seu éxito?
"Matalobos triunfou porque a historia era pouco común, nunca vista nunha TVG afeita aos produtos amables"
O éxito de Matalobos debeuse a que estaban moi ben cubertos todos os postos no organigrama. Desde produción, guionistas, realización, directores eran todos boísimos. E logo, éramos un reparto moi compensado, todo xente moi boa. Eu levaríaos a calquera sitio a interpretar comigo. Entre todos, conseguimos crear un produto fantástico. E tamén axudou, claro, que a historia era pouco común, nunca vista nunha TVG afeita aos produtos amables.
Iso está claro. Se de algo pode presumir Matalobos é de atraer un novo público á TVG
Pola xente que te fala na rúa ou en Internet, onde foi un fenómeno social, o público principal de Matalobos era xente de entre 17 e 50 anos, moitos deles espectadores non habituais da galega. Probablemente da xeración do Xabarín Club que, e é opinión miña, desde que rematou o programa non tiña ofertas na súa televisión que os animase a seguir véndoa. Programas culturais, musicais ou outras cousas que lles enchera o ollo. E de repente chega algo feito aquí, cunha realidade próxima e volcáronse con nós. Tivemos a sorte de ter uns seguidores moi agradecidos, moi cariñosos e moi entusiastas.
Vostede que traballou en Galicia, pero tamén en series de emisión nacional como Piratas ou La Fuga, que destacaría da forma de traballar do noso audiovisual?
O que sempre digo é que estamos acostumados a traballar en condicións moi duras e solventamos problemas que para outros son inimaxinables. En Matalobos, por exemplo, traballábamos a moita velocidade, porque aquí para competir con presupostos baixos hai que facelo ao dobre de velocidade. Traballábamos o dobre ou o triple e coa metade de recursos e as cousas saían o dobre de mellor que noutros sitios.
E dígoo con coñecemento de causa, porque despois eu fun traballar fóra, en series que tiñan oito veces o presuposto desta e non estaba eu tan cómodo. Non porque eu sexa raro ou non me acomode a outras circunstancias, senón porque non había esa cohesión entre todas as partes do equipo. Iso si, ao estar acomodados a traballar en condicións tan duras e con tan poucos medios, cando saes fóra e tes mais medios estás moi máis solto e traballas mellor.
Agora que falamos do audiovisual e da cultura, estamos vivindo unha época de drásticos recortes no sector. Como ve toda esta situación?
"A situación da cultura é terrible. Moita xente vai quedar na rúa. Vai haber un ERE brutal e ninguén se vai enterar"
ÿ terrible. Eu non sei se somos conscientes de que un pobo sen cultura perde identidade e se perde identidade deixas de ser pobo. Igual é iso o que se pretende. Que de repente deixemos de ser pobo e sexamos parte dun non sei que global. Se é así resistiremos. Pero o que máis me molesta é que nos digan que como a situación social está moi mal, hai que aforrar cartos porque gastamos moito. Pero eu non os gastei, nin tampouco me preguntaron en que había que gastalos. Os cartos da cultura non quería que foran para onde foron.
Iso non é así. Díganme vostedes onde están gastando os cartos destinados á cultura. En que cousas gastaron, e non quero mirar a ningunha cidade de nada, e pregúntenme a min que son xente da cultura ou a toda a xente que vivimos desto que queremos facer con eses cartos. Porque eu quero eses cartos para o teatro ou para o audiovisual. Detrás hai toda unha industria. Esa xente vai quedar na rúa. Vai haber un ERE brutal e ninguén se vai enterar.
E con este panorama da cultura, que plans de futuro ten Luis Iglesia?
Pois mira, con calma. O ano pasado vinlle as orellas ao lobo, porque nesta profesión estamos sufrindo unha crise moito máis grave que outras. Hai que pensar que non hai practicamente contratos. A xente desaparece e non te das conta. A nosa morte é por inanición. Así que antes de que rematase Matalobos empecei con Gaivotas subterráneas e con algunhas cousas de dobraxe. E tamén con Xabier Deive estou preparando un espectáculo de monólogos, no que incorporaremos música rock e country, un monólogo para bares ou pequenos teatros sobre a maldade que é o noso. Chámase "Sede de mal". Andamos con iso e algún proxecto máis de teatro, pero sempre desde a resistencia, porque creo que é o que toca.