Alba Sotelo pilloute e tí aínda non te decataches
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
A Galería Sargadelos acolle deste este xoves 7 de abril a exposición "Da ciencia á ficción. Búscate no Salón".
A fotógrafa Alba Sotelo amosa toda unha serie de imaxes da pasada edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Coma unha auténtica cazadora a artista foi disparando a súa máquina deixando conxelado o tempo antes de que se escape un sorriso, unha mirada, unha expresión… dándolle unha nova vida inmortal.
Desde hoxe mesmo e ata o próximo día 30 de abril poderemos comprobar se nun deses momentos somos nós os protagonistas, e aínda non nos decatabamos.