Todo sobre a orixe galega de Colón e a teoría de García de la Riega
Por Redacción
O Ateneo de Pontevedra e a Asociación Cristóbal Colón Galego organizan, con motivo do 99 aniversario do pasamento do intelectual pontevedrés, a conferencia Celso García de la Riega e Colón: relatorio dunha infamia, impartida por Guillermo García de la Riega Bellver, bisneto e biógrafo de Celso García de la Riega. O acto terá lugar o vindeiro luns 4 de febreiro, ás 20 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. O conferenciante estará acompañado por Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, e Margariña Valderrama, catedrática de Historia.
A conferencia céntrase na aparición da Tese da posible orixe galega de Cristóbal Colón, por Celso García de la Riega. A partir dese momento os estamentos políticos e sociais de Pontevedra recoñecen o labor do investigador, escritor e debuxante.
Pero, durante a súa morte unha corrente de intelecutais comezaron a descualificar a teoría coloniana promovida por García de la Riega. Ese movemento impidiu que Galicia e, en concreto, Pontevedra puidera converterse en "La Génova del Descubrimiento".
García de la Riega faleceu o 3 de febreiro de 1914, poucos días logo de publicarse en Madrid a súa obra Colón Español. Origen y patria. O seu bisnieto, investigador da súa figura e da súa obra realizará un percorrido cronolóxico polos diferentes episodios e personaxes que influíron cos seus desacertos en deixar no maior dos ostracismos a unha das principais figuras históricas de finais do XIX e principios do XX. Demostrará ademais como esas opinións afectaron a unha das Teorías con máis fundamentos sobre a Orixe de Cristóbal Colón.