O humor xestual de Tricicle triunfa en Pontevedra con "Bits"
Por Redacción & Diego Torrado
Tricicle demostrou unha vez máis o seu idilio co público. Pontevedra rendeuse ao humor do trio catalán que onte á noite estreou na cidade do Lérez o espectáculo Bits. Foi nunha sesión que se celebrou no auditorio de Afundación e que, debido ao interese que xerou, repetirase tamén este mércores no mesmo escenario.
Bits é a oitava obra do trío Tricicle, un grupo de teatro gestual, no que o humor é a base fundamental de todos os seus espectáculos.
Nela, os cataláns presentan un escenario dixital repleto de bits, as unidades mínimas de información. Así durante a representación os cómicos poden cambiar de sketch, de personaxe e de decorado cando o ven máis oportuno, creando desta maneira un show dinámico e sobre todo moi divertido.
A obra provocou as gargalladas do público pontevedrés que gozou co primeiro pase deste espectáculo.
Ademais de Pontevedra, Tricicle actuará no Teatro Afundación de Vigo o venres 18 ás 20:30 horas e o sábado 19 en dous pases, un ás 18:00 horas e outro ás 20:30 horas
Relacionadas:
-
Carles Sans, membro de Tricicle, presentará en Pontevedra a súa primeira comedia en solitario
-
Tricicle ofrece unha función máis de Bits en Pontevedra ante a demanda do público
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Verónica Forqué, Gabino Diego ou Tricicle, teatro en Afundación no primeiro semestre de 2016
Por Alejandro Espiño |