A vindeira semana ábrese o prazo para optar a participar no Fest
Por Redacción
O vindeiro 23 de marzo, o Teatro Principal de Pontevedra volverá a ser o escenario escollido para a celebración do Fest, o certame que serve como plataforma para presentar a música independente que se fai na cidade.
Á cita asistirán oito grupos que serán escollidos entre todos os vídeos de actuacións en directo que se envíen dende o vindeiro luns 4 de febreiro ata o 4 de marzo. Diego Parajó, responsable de Local de música e o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, sinalaron que dos 35 grupos que se presentaron na anterior edición, algúns foron rexeitados porque o vídeo estaba producido e o que o xurado debe avaliar é a calidade do grupo en directo. Por iso, sinalaron que moitos dos grupos envían gravacións realizadas co móbil. Selecciónanse os dous mellores grupos do Local de música, os dous mellores de Pontevedra e os catro mellor puntuados en xeral.
Nesta ocasión, o premio do xurado será de mil euros investidos nun videoclip, mentres que o do público consistirá nunha actuación.
Ademais, Diego Parajó presentou a nova web de Local de música na que se recolle o calendario de reservas para a utilización do espazo público municipal destinado a grupos noveis.