'Se galego, my friend' de Sergio Pazos chega a Sanxenxo
Por Redacción
O coñecido actor ourensán Sergio Pazos presenta este sábado 2 de febreiro o seu espectáculo humorístico Se galego, my friend no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán a partir das 9 da noite.
O showman ofrece neste monólogo unha defensa dos galegos con referencias aos temas de actualidade, dende a crise económica aos recortes e á situación política.
O foro solidario Iniciativa Local, dependente da Asociación Stop é o colectivo que organiza este evento, cuxa recadación tras asumir os gastos irá destinada ao auxilio social que leva a cabo esta organización viguesa.