'Cinema e muller' pon en valor o traballo das directoras pontevedresas
'Cinema e muller' é un proxecto que busca dar visibilidade ao traballo realizado polas directoras pontevedresas, no que colabora a Deputación de Pontevedra, que a través do Museo de Pontevedra, acollerá os diferentes actos que se efectuaran. Catro son os eidos nos que se divide este proxecto: Visións, Mostra, Charlas e Concerto.
O primeiro, Visións, contempla a proxección da película colaborativa realizada por dez das cerca de 60 realizadoras que forman parte 'Cinema e muller'. Este eido componse de dez curtametraxes, entre as que se encontra a realizada pola directora Eva Calvar que, na presentación este luns 7 no Sexto Edificio do Museo, manifestou que "este tipo de proxectos póñennos a todas en confluencia para poder xerar sinerxías e traballar en conxunto".
A mostra recolle un total de 16 curtametraxes dirixidas por mulleres galegas, que se exporán en dúas sesións. A primeira sesión será o venres 11 de marzo ás 18.30 horas, mentres que a segunda se realizará o sábado 12 ás 19.30. Ambas terán lugar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Vigo acollerá as charlas e o concerto. No primeiro caso, impartiranse de 10.30 a 14.00 horas no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo o 17 e 18 de marzo. Finalmente, ese mesmo venres 17, terá lugar o concerto a cargo de 'Cinta Adhesiva', unha iniciativa que mestura música, poesía e vídeo; será ás 21.00 horas na praza da Igrexa da Colexiata.
Durante a mañá deste luns 7 de marzo, Carmela Silva, presidenta de la Diputación de Pontevedra, presentou o proxecto acompañada por Xisela Franco e Beli Martínez, directora e produtora, respectivamente. Ao acto tamén asistiu Eva Calvar, unhas das preto de 60 directoras que participan nesta iniciativa, e Carlos Valle, director do Museo.
A presidenta da Deputación destacou a importancia de "crear políticas de igualdade para facer visibles ás mulleres galegas que tanto aportan á cultura e á creatividade". Así, esta iniciativa pon en valor o traballo feito por as preto de 60 "mulleres de ouro", como as definiu Carmela Silva, que forman parte do cinema galego. A presidenta da Diputación fixo un chamamento á participación dos pontevedreses como unha mostra de compromiso con este traballo, que, segundo ela, formará parte da historia do cinema galego.