Aurora Marco: "As mulleres conseguiron chegar a ámbitos onde os homes non querían que chegasen"
Aurora Marco, a pesar de ser unha muller de carácter tranquilo e voz pausada, foi unha precursora na súa época e unha fiel reivindicadora dos dereitos das mulleres, algo sorprendente tendo en conta o período que lle tocou vivir. Licenciada en filosofía e letras pola universidade de Santiago de Compostela é autora de numerosas obras a favor da igualdade das mulleres.
O seu novo libro ELAS segue os mesmos criterios que utilizou noutra das súas obras Dicionario de mulleres galegas, publicado no ano 2007. "Nesta ocasión non só hai mulleres relacionadas co mundo da música, da literatura senón que hai mulleres de todos os ámbitos, considero que ao lado de grandes figuras como Rosalía ou Concepción Arenal, teñen que estar tamén as mulleres doutros entornos, de oficios, sindicalistas, relacionadas co mundo da política…".
Comezou a traballar sobre as investigacións de xénero na época dos 80. O primeiro traballo que fixo sobre mulleres galegas data do ano 1984 e está publicado na revista Grial, a partir dese momento nunca parou de investigar e completar as biografías destas mulleres. Primeiro centrándose nas relacionadas co mundo da arte, da educación e logo un traballo máis extenso, desde hai 15-20 anos está dedicada case exclusivamente a traballar sobre as mulleres, a recuperar as historias desas grandes descoñecidas.
A escritora tamén fala do papel secundario que seguen tendo as mulleres hoxe en día, "mentres haxa diferenzas salariais, mentres haxa un nivel de paro maior no sector feminino, mentres haxa violencia de xénero y así con moitas cousas máis. Mentres isto pase hai que seguir traballando e reivindicando a igualdade das mulleres".
Nesta ocasión a autora recolle en ELAS 410 biografías de mulleres, con 38 ilustracións e 16 serigrafías de oito pintoras, conxugando así o binomio pintura e escritura.
Ademais, foi a encargada de inaugurar as actividades do 8 de marzo coa súa conferencia "Derrubaron muros, ocuparos espazos. Achegas das galegas nos séculos XIX e XX". Na charla abordou o tema de todas as barreiras que tiveron que superar as mulleres para conseguir diferentes postos en actividades como a música, a política, a psicoloxía e engadiu que "as mulleres conseguiron chegar a ámbitos onde os homes non querían que chegasen".
Relacionadas:
-
O 54% das mulleres de Pontevedra encóntranse desempregadas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PSOE homenaxeará o 8 de marzo ás milleiros de mulleres "invisibilizadas por adicarse a xestionar o fogar"
Por Redacción |
-
As políticas do PP adiantan o 8 de marzo: "Tenemos que luchar por que el lenguaje machista desaparezca"
Por Natalia Puga |
-
Carmela, Josefa, Susa e María del Carmen, protagonistas do 8 de marzo 2016 en Poio
Por Redacción |
-
As conquistas feministas, protagonistas dos actos do 8 de marzo