"Que cantan, en australiano?"
Catro son os compoñentes da agrupación pontevedresa Australia: Javier Lago (voz), Irene Pérez (piano), Nerea Piñeiro (batería) e David Troncoso (batería). En novembro de 2015, estrearon o EP Parade, con cinco composicións propias: Parade, The Cup, When the rain, Nobody Knows e Guiding Myself. Ademais, o pasado mes de xaneiro estrearon o videoclip da canción When the rain. Javier Lago, cantante e compositor do grupo, desvélanos o que se esconde entre bastidores.
Ao encontro acode puntual, mesmo formal e algo serio. Aínda que pronto, entre sorbo e sorbo de café, a espontaneidade e a naturalidade van enchendo a sala. Así, como en toda boa historia, Javier comeza polo principio.
Os primeiros en formar o grupo foron el e Irene en 2014 cando deciden participar no Ben Veñas, Maio. O cantante explica que ese certame era "una espinita, pero no fue hasta el último curso del instituto cuando me atreví. Soy un poco reservado, un poco tímido, en el sentido de que a mí me gusta mostrar algo consciente de que puede gustar".
Tras o seu exitoso paso polo certame, no que interpretaron o poema de Celso Emilio Ferreiro Pesadelo de verán e a composición propia Eu en ti, decidiron ampliar o grupo coa incorporación de Nerea e David. Ese mesmo verán de 2014, chegou a estrea dos catro no Meixón Music de Redondela. Amigos de toda a vida, para Javier, parecía un "paso normal que todos nos juntásemos y por el momento no nos hemos peleado demasiado".
"Un idioma no es un muro, es más un puente. A mí lo que me importa es lo que canto, lo que transmito"
O salto decisivo chegou en 2015, cando xurdiu a oportunidade de participar no ciclo de concertos 15bolos de Pontevedra. Para eles foi unha sorpresa, tal e como declara o compositor e cantante, xa que "habíamos hecho dos cosas, aún era un proyecto en arenas movedizas. Nos presentamos sabiendo que nos iban a decir que no". Pero as súas predicións foron erróneas, porque non só participaron, senón que ademais gustaron.
A pesar de que o tenta, para Javier o castelán e o galego son idiomas que se lle resisten, polo que escribe maioritariamente en inglés: "no encontraba musicalmente el punto, no me encontraba yo en el idioma. Al pasarme al inglés, encontré un poco más ese hueco". Para el, "un idioma no es un muro, es más un puente. A mí lo que me importa es lo que canto, lo que transmito".
Así, as súas cancións son reflexo de experiencias reais; as cinco que conforman o EP Parade "hablan un poco de crecer, de descubrir el mundo, de separarse de gente importante, de cómo te alimentas durante toda la juventud… De cómo vamos creciendo por dentro" explica Javier. Como anécdota, cóntanos que no Meixón de Redondela unha señora parouse a escoitarlles e preguntou ao público "Que cantan, en australiano?". Claramente, a muller non tiña nin idea do que estaban a dicir, pero a pesar diso quedou, quizais porque no seu interior a música do grupo espertara algunha emoción, algún sentimento.
O nome é a materialización dun soño para os catro artistas xa que "siempre hablamos de Australia como una especie de meta común, un paraíso", declara o cantante. A pesar do éxito que están a ter, Javier mantén os pés na terra. Tanto el como o resto de compoñentes estudan unha carreira universitaria e procuran "mantener la balanza equilibrada, porque nunca se sabe dónde está lo seguro, la carrera, y el sueño", explica.
Desde o seu punto de vista, declara que o panorama musical está a cambiar, máis que chegar ás grandes compañías como se aspiraba nos 90's, agora "es más fácil llegar a las pequeñas" e pon casos concretos como Vetusta Morla ou Love of Lesbian. En canto á agrupación, afirma "nos falta mucho recorrido, necesitamos mejorar", pero niso están a traballar.
"Ahora lo que estamos es preparándonos para el verano, cogiendo rodaje"
Aqueles que aínda non tiveron oportunidade de velos en directo deberán esperar. Debido ás dificultades de reunirse polos estudos "si nos sale algún concierto pequeñito, como Sétima Feira, sí; pero ahora lo que estamos es preparándonos para el verano, cogiendo rodaje", explica Javier.
O pasado mes de xaneiro estrearon o seu primeiro videoclip When the rain, no que contaron coa colaboración de Alba García e a axuda de Manolo Yañez e Juan Katoira, que se pode ver a través da canle de Youtube Australia Music. Tamén é posible escoitar o EP completo a través de Spotify, unha plataforma que en palabras de Javier "es maravillosa porque tienes tu propia página allí y puedes escucharla en cualquier momento".
Relacionadas:
-
RADIO.- Javier Lago convida a recuperar a ilusión da infancia con 'Lo contaré en la Rolling Stone'
Por Marisa Ciordia |
-
Javier Lago versiona a Olivia Rodrigo mentres prepara o seu vindeiro proxecto musical
Por Redacción |
-
RADIO.- Unha voz con personalidade e sensatez para deixarte coa boca aberta
Por Marisa Ciordia |
-
A moda sostible galega despide ata setembro a Sétima Feira
Por Redacción |
-
Kandinsky e a moda coincidirán este sábado no Mercado de Abastos
Por Anxo Lourido |
-
A imaxinación aniña na primeira planta do Mercado
Por Redacción |
-
A música 'feita en Pontevedra' dos 15 Bolos despídese ata o próximo ano
Por Diego Torrado |
-
A música dos '15 bolos' faise notar nas prazas da cidade
Por Diego Torrado |