Jorge Coira, gañador dun Goya, participa nas actividades do We are ads
A II edición do festival de publicidade We are ads comeza o vindeiro luns 29 de febreiro na Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación coa inauguración da WAA Week, na que participarán profesionais de renome galegos e españois. Previamente poderanse votar as pezas finalistas presentadas ao longo do mes de xaneiro. A organización busca chegar a novos públicos, polo que a participación na WAA Week e nas votacións está aberta a toda a cidadanía.
Ao longo do mes de xaneiro, recolléronse arredor dun centenar de pezas presentadas nas diferentes categorías, que nesta edición ampliáronse co fin de fomentar a participación de outros alumnos do campus: curtametraxe, spot, identidade corporativa gráfica (ICG), fotografía publicitaria, stop motion, ventá virtual, gráfica, trailer/teaser e cuña.
Ademais do premio en cada unha das categorías, os finalistas optará ao premio do público, no que poderán votar os propios alumnos do Campus e todas aquelas persoas interesadas. A exposición destas pezas realizarase na Casa das Campás dende o xoves 25 ata o sábado 27 en horario de 10.00 a 19.00 horas.
A partir do luns 29 dará comezo a WAA Week, na que este ano os organizadores tentaron atraer á facultade pontevedresa xente de renome a nivel galego e nacional en diferentes eidos da comunicación como: Michendo, instagramer galego; Alfonso Moreno, copywriter de Lola Barcelona; Ángel Santos, director de ‘Las altas presiones’; ou Jorge Coira, realizador gañador do Goya polo seu traballo en ‘El desconocido’, entre outros. Durante as catro xornadas de duración desta semana, haberá relatorios e talleres formativos abertos aos alumnos e alumnas da universidade e ao público en xeral.
As actividades rematarán o xoves 3 de marzo coa Gala We are Ads, que dará comezo ás 19.00 horas no Salón de Actos e terá un prezo simbólico dun euro. Na gala desvelaranse os gañadores, elixidos polos membros do xurado que está formado por exalumnos da Facultade. Aaron Losada e Antía Muíños serán os encargados de presentar o evento, mentres que o grupo La casa de los ingleses porá o toque musical.
Relacionadas:
-
Chega a terceira edición do festival de publicidade We are Ads
Por Redacción |
-
Pontevedra, nun hyperlapse de premio
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá o primeiro festival universitario de publicidade de Galicia
Por Redacción |
-
Os alumnos de Ciencias Sociais promoven o primeiro festival de publicidade 'We Are Ads'
Por Redacción |