Alejandra Sampedro trae a Pontevedra o seu 'Mar de crebas'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O próximo venres día 17 de febrero a galería About Art de Pontevedra celebra a inauguración da exposición Mar de crebas: zozobra de Alejandra Sampedro (Valencia, 1988).
A exposición, de base escultórica, integra tamén imaxes fotográficas que completan o proxecto con afán de localización.
Todas as obras teñen un nexo común, a creba, concretamente as recollidas no litoral de Cabo Silleiro en Baiona, arredor do Vello Faro onde o avó da artista traballou como fareiro durante anos, e pasa a ser un lugar no que discorren moitos recordos da infancia.