O Concello súmase ao Día das Artes Galegas, adicado a Castelao
Por Oskar Viéitez
O presidente da Real Academia Galega das Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, achegouse este mércores ao Concello de Pontevedra co fin de convidar ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao acto oficial do Día das Artes Galegas que este ano está adicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que terá lugar no Museo de Pontevedra.
O 1 de abril ademáis do acto institucional, inaugurarase no propio Museo de Pontevedra do que foi cofundador e no que se conserva arredor do 85% de toda a súa obra- a exposición “Castelao Artista”, comisariada por Carlos Valle.
Co fin de sacar á luz a abundante e polifacética obra de Castelao a Real Academia promove outras dúas exposicións: unha do "Castelao grafista" no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago e outra sobre o "Castelao editor", que viaxará polos 90 Institutos Cervantes do mundo.
Visibilizar a obra e a vixencia da arte de Castelao é obxectivo que hai detrás das exposicións e dunha conmemoración que coincide cos 100 anos da chegada de Castelao a Pontevedra, cidade na que desenvolveu a meirande parte da súa actividade artística e política. A Real Academia Galega das Belas Artes decidiu adicar o Día das Artes Galegas 2016 a Castelao -o segundo ano de celebración da efemérides- co fin de difundir a figura como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante e pintor.
"Temos a obriga de dar a coñecer a obra de Castelao como artista, como grafista, como editor…", subliñou Manuel Quintana Martelo.
Relacionadas:
-
"A nenez galega a través dos anteollos de Castelao"
Por Elena Álvarez Quintá |
-
O Museo acolle "Os vellos non deben de namorarse", unha superprodución de monicreques
Por Anxo Lourido |
-
'Obxectivo Pontevedra' leva á rúa o aniversario da fundación do Museo
Por Redacción |
-
O Museo, primeiro lugar onde se exporán xuntas todas as obras de gran formato de Castelao
Por Natalia Puga |