Última oportunidade para comprar os abonos da nova tempada teatral de Afundación
Por Redacción
A venda de abonos para a tempada teatral de Afundación en 2016 en Pontevedra estará aberta ata o vindeiro venres 15 de xaneiro. Poden adquirirse a través da web de Ataquilla.com e no despacho de billetes telefónico no número 902 504 500.
Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supoñen unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos.
A primeira cita será o día 24 de xaneiro ás 19.30 horas coa obra Boa xente de David Lindsay-Abaire, dirixida por David Serrano e protagonizada por Verónica Forqué, Juan Fernández, Pilar Castro, Susi Sánchez e Diego París.
Tricicle presentará en marzo a súa última proposta escénica, Bits, coa habitual participación dos seus tres integrantes, Carles Sans, Joan Gràcia e Paco Mir, poderá verse, o 16 de marzo ás 20.30 horas.
Afundación clausura a súa tempada teatral o día 28 de abril ás 20.30 horas coa representación de Nuestras mujeres de Eric Assous, dirixida por Gabriel Oliveirais e con Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano no elenco.
Relacionadas:
-
A violencia de xénero chega a Afundación da man do teatro
Por Diego Torrado |
-
Verónica Forqué e Juan Fernández inauguran a tempada teatral de Afundación
Por Redacción |
-
Pepo Suevos, Luis Zahera e Javier Varela pasarán en Pontevedra unha Noite de Retranca
Por Redacción |
-
Verónica Forqué, Gabino Diego ou Tricicle, teatro en Afundación no primeiro semestre de 2016
Por Alejandro Espiño |