A artista pontevedresa Cora Sayers presenta 'I'm Home' na Sala Karma
Por Redacción
A artista pontevedresa Cora Sayers, álter ego da actriz Cora Velasco, presentará o seu primeiro disco este venres 18 na Sala Karma a partir das 22.00 horas. Esta moza comezaba a súa carreira musical en solitario durante o verán de 2014, tras formar parte doutras bandas como 1000 Demonios Blues Band, Querido Extraño ou Crystal Ship.
A súa primeira gravación foi o EP 'Origen' realizada nos locais de ensaio de Pontevedra, presentándoa oficialmente en decembro dese ano. No primeiro semestre de 2015, Cora Sayers realizou actuacións en diferentes salas de Madrid e de Pontevedra participando tamén en festivais como VRAO en Lugo, Campeiras Live da Coruña ou na presentación do Armadiña Rock.
O seu tema en acústico, He Rules in Purple formou parte da banda sonora do curtametraxe Constelación Urbana de Luis Galán, presentado este ano no Festival de Cannes.
A principios de agosto grava o seu primeiro LP, que leva por título I'm Home, gravado nos Estudos Montealto na Coruña e masterizado en Wisconsin. O primeiro single é You, Home, no que destaca a elegancia da súa voz.