A agrupación pontevedresa Caruma ofrece o mellor do seu repertorio no Mercantil
Por Redacción
O grupo pontevedrés Caruma naceu no ano 2004 coa intención de facer música en galego. Dende os seus inicios ofrecen música orixinal e tamén algúns temas tradicionais. Os seus temas van dende o folk aos estilos pop, blues e latino. As letras dos seus temas son de autoría propia agás algunhas pezas de autores galegos como Rosalía de Castro.
Os seus comezos remóntanse ao 15 de maio de 2004 cando debutaron no Teatro Principal de Pontevedra, nun acto organizado pola Asociación Socio-Cultural O Burgo.
Dende o seu nacemento ata a actualidade, o grupo pasou por diferentes etapas e dos nove iniciais aos catro que conforman, nestes momentos, a agrupación. Entre elas, destaca a incorporación de Joseito Reyes, un músico cubano que leva a dirección do grupo.
O repertorio que ofrecerán este 25 de xaneiro ás 20:30 horas no Casino Mercantil céntrase en oito cancións propias, dos temas galegos e cinco fados.