Nieves Herrero presenta en Pontevedra a novela "Como si no hubiese un mañana"
Por Redacción & Cristina Saiz
Nieves Herrero presentou este martes na librería Cronopios de Pontevedra a súa nova novela, Como si no hubiera un mañana, un libro no que narra a historia de paixón vivida entre a actriz Ava Gadner e o toureiro Luís Miguel Dominguín.
Foi nun acto no que, rodeada dun gran número de lectores, a xornalista e escritora madrileña explicou os motivos que lle levaron a interesarse por esta historia, ambientada en 1953, e deu algunhas pinceladas sobre esta relación amorosa entre o toureiro e a actriz que durou dous anos pero a súa historia aínda se evoca.
A historia daquel amor merecía unha novela, destacou Nieves Herrero, e decidiu plasmala neste libro. Todo iso a partir das experiencias dos seus protagonistas, procedentes de dous mundos apaixonantes e distintos unidos pola atracción irrefreable; dous espíritos solitarios dispostos a atopar o amor amando.
Ademais, Nieves Herrero asinou exemplares da súa novela e contestou as preguntas e comentarios que lle fixo o público que se achegou á librería pontevedresa.
Con Como si no hubiera un mañana, editado por La esfera de los libros, Nieves Herrero dá continuidade ao éxito que alcanzou a súa primeira novela histórica, Lo que escondían sus ojos, que será adaptada a televisión proximamente da man de Telecinco.