O 'Taxi' de Josema Yuste fai parada en Pontevedra cargado de risas
Por Redacción
O ciclo Summum Teatro retomouse este domingo no Pazo da Cultura da man dun dos espectáculos máis exitosos do ano, Taxi, a comedia coa que o fundador de 'Martes y Trece' Josema Yuste estréase como director. A obra non conseguiu completar aforamento, pero si encher boa parte das butacas do recinto cultural pontevedrés.
O espectáculo está protagonizado, entre outros, polo propio Josema Yuste, Felisuco e Alfredo Cernuda e conta a historia dun taxista casado con dúas mulleres, ás que dan vida as actrices Esther do Prado e Diana Lázaro.
A historia gañou a complicidade dos espectadores, que a acompañaron con moitas risas.
O protagonista non é capaz de poñer fin a esta dobre vida, decidíndose por unha delas.
Con cada unha nun barrio diferente e iso obrígalle a levar unha planificación de horarios moi estrita e facer verdadeiros xogos de malabares para poder contentar a ambas, das que ademais está realmente namorado, pero todo o seu plan desvanécese cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito.
Relacionadas:
-
Yllana lembra o mellor da súa traxectoria no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Ana Obregón, Fernando Tejero, Ernesto Alterio ou María Pujalte para un trimestre teatral "ben divertido"
Por Alejandro Espiño |
-
Josema Yuste, Felisuco e Alfredo Cernuda traen o seu "Taxi" a Pontevedra
Por Redacción |
-
O mago Tamariz, Josema Yuste, Lola Herrera e Héctor Alterio actuarán no Pazo da Cultura en novembro
Por Redacción |
-
O 'Taxi' de Josema Yuste e Felisuco atopa parada en Vilagarcía
Por Redacción |