A semana internacional de cine de Valladolid, décima parada 'festivaleira' de 'Las altas presiones'
Por Redacción
A película con selo pontevedrés Las altas presiones participa esta semana na Semana Internacional de Cinema de Valladolid (SEMINCI). Non é a súa primeira incursión nun festival de cinema, senón que participou xa en 10 dos máis importantes do panorama español obtendo premios e mencións, así como a selección tanto en seccións oficiais como, recentemente, nas seccións do mellor cinema español xa estreado comercialmente.
En Valladolid esta película rodada, entre outros escenarios, en Pontevedra proxectarase dentro da sección Spanish Cinema e coa presenza do director, o pontevedrés Ángel Santos, e a actriz protagonista, Itsaso Arana.
A longametraxe de Matriuska Producións cumpriu xa un ano desde a súa estrea internacional no XX Festival de Cinema de Busan (Corea do Sur), e xa se estreou en Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Latinoamérica e Estados Unidos. En próximas datas estará en Suíza e outros destinos internacionais.
Andrés Gertrúdix (El árbol magnético, 10.000 noches en ninguna parte) dá vida en Las altas presiones a Miguel, un mozo que regresa nunha viaxe de traballo -buscando localizacións para unha película allea? ao seu terra galega: ao verde do campo e o azul do mar emborronados polas ruínas industriais da ría de Pontevedra.
O seu director define o filme -cuxo montaxe realizou Fernando Franco (La herida)- como unha viaxe en torno ao desarraigamento (o cinema) e o amor. Itsaso Arana, Diana Gómez, Juan Blanco e Xabier Deive, xunto a Marta Pazos e Hugo Torres son o resto dos membros do seu carismático reparto. Xunto a esta repartición, escenarios galegos como a Ría de Vigo, ou as rúas de Pontevedra, adquiren un destacado protagonismo que contextualiza a viaxe de Miguel.
Relacionadas:
-
"Las altas presiones", nomeada a cinco premios Mestre Mateo
Por Alejandro Espiño |
-
Venres de estrea en Pontevedra con 'Las altas presiones' de Ángel Santos
Por Elsa Juliá Sánchez & Daniel Santomé & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
'Las altas presiones' de Ángel Santos estrearase o 8 de maio en cines de toda España
Por Alejandro Espiño |
-
As altas presións do pontevedrés Ángel Santos, Premio Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla
Por Redacción |
-
Corea do Sur acollerá a estrea mundial da película "As altas presións" de Ángel Santos
Por Redacción |